Inicio Últimas Noticias David Bisbal actuará o 15 de xullo en Castrelos

David Bisbal actuará o 15 de xullo en Castrelos

O de Almería, segundo artista confirmado no emblemático auditorio vigués ao aire libre. Coa súa nova xira, “Me siento vivo Tour 2023”, regresa aos escenarios para amosar un show renovado.

O alcalde anunciou esta mañá que “David Bisbal volverá encher de forma total e absoluta o auditorio de Castrelos como xa fixo no ano 2019”.

Bisbal traerá a Vigo un show que inclúe un renovado repertorio que abarca os temas do seu novo disco, pero sen esquecerse dos grandes éxitos ao longo dos seus 20 anos de carreira. Realiza unha mestura de estilos como o pop, o pop latino, a bachata e as grandes baladas.

Caballero destaca que o 15 de xullo poderemos gozar dun “dos artistas españois de maior proxección internacional”. Recordou que xa está tamén confirmada a actuación de Pablo López o 24 do mesmo mes.

Leer más:   Vigo, pendente informe de Patrimonio da Xunta para comezar a remodelación da Avenida de Madrid


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCaballero inaugura a Gran Vía con medio quilómetro de ramplas mecánicas e xardín botánico
Artículo siguienteO bus turístico percorrerá a cidade durante a Semana Santa