Inicio Últimas Noticias Vigo recibe 700.000 euros de fondos europeos para a humanización da rúa...

Vigo recibe 700.000 euros de fondos europeos para a humanización da rúa Romil

O Concello financiará boa parte da humanización de Romil con fondos Next Generation EU, dado que vén de recibir outros 700.000 euros. Deste xeito, o proxecto prevé a rexeneración e o acondicionamento do espazo urbano, mellorando a mobilidade peonil, entre outras melloras.

O alcalde deu conta esta mañá da resolución provisional da concesión de subvencións para realizar accións destinadas á promoción de estilos de vida saudables. O Concello recibirá 700.000 euros de Fondos Europeos Next Generation EU para cofinanciar o proxecto de humanización da rúa Romil.

Tal e como detallou, o importe total da obra elévase a 1.255.000 euros, que servirán para rexenerar e acondicionar o espazo urbano, mellorar a mobilidade peonil ou eliminar obstáculos para favorecer a accesibilidade. Seguindo co que se está a facer no resto da cidade, esta actuación reducirá o ruído e mellorará a calidade do aire.

Leer más:   Medio Ambiente O Paseo do Lagares avanza coa instalación de dúas pontes na zona de Lavadores A obra dá continuidade á senda do Lagares con dúas pasarelas, unha na rúa Naia e outra nas proximidades á cascada de Cova da Serpe.

Outro dos obxectivos é incrementar a seguridade dos peóns no contorno, nunha zona con equipacións públicas como un centro educativo educativo con 400 alumnos e unha instalación deportiva. Deste xeito, crearase un corredor peonil escolar.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO alcalde visita o novo paseo “que achega Bouzas ao mar”
Artículo siguienteVías e Obras O alcalde visita o novo paseo “que achega Bouzas ao mar” O Concello está executando a obra de rexeneración do paseo da fronte marítima de Bouzas que “reforza a presenza do natural e do mar, cun paseo enteiramente de madeira” e que supón un investimento de case 4 millóns de euros.