Inicio Últimas Noticias A Xerencia de Urbanismo acorda a cesión de tres propiedades para mellorar...

A Xerencia de Urbanismo acorda a cesión de tres propiedades para mellorar a senda do Lagares

O alcalde deu conta desta cuestión, aprobada na xuntanza desta mañá, e que permite mellorar o proxecto da senda do Lagares entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid.

Abel Caballero deu conta das tres propiedades cedidas ao Concello por parte de tres particulares para a mellora do proxecto da senda do Lagares. Estes acordos foron aprobados este martes na Xerencia de Urbanismo. Trátase dunha finca na Avenida Lavadores nº 70, outra entre os números 93 e 95 e unha última en Gandarón 28.

O alcalde destacou o interese e utilidade pública da cesión que se incorporan ao proxecto do paseo entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid. A senda do Lagares terá 11,3km e está orzamentada en 1,2 millóns de euros.

Leer más:   O Concello oferta 450 novas prazas de campamentos deportivos para nenos e nenas de 6 a 14 anos


- Te recomendamos -
Artículo anterior“Vigo rúa máxica” leva o ilusionismo ás rúas da cidade esta semana
Artículo siguienteVigo recibirá 3 millóns de euros do Goberno de España para a reforma do Concello