Inicio Últimas Noticias O goberno municipal aproba un modificado da humanización da rúa Talude

O goberno municipal aproba un modificado da humanización da rúa Talude

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á modificación das obras de humanización da rúa Talude que acada un orzamento próximo ao millón de euros e tamén aprobou o convenio coa Fundación Carlos Casares.

Abel Caballero informou dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local sinalando, ao respecto a humanización de Talude que “a existencia dun muro obrigounos a parar a obra e estudar a súa forma”, polo que foi preciso realizar un modificado do proxecto orixinal. Apuntou tamén que a escaleira mecánica “salvará un desnivel de practicamente 10 metros e unha pendente do 45%”.

Convenio Fundación Carlos Casares

A Xunta de Goberno aprobou o convenio coa Fundación Carlos Casares para a organización do seu programa de actividades no 2023, cun importe de 6.000 €. Como sinalou Caballero, “o obxectivo é a difusión da obra de Carlos Casares con exposicións e actividades principalmente con estudantes”.

Leer más:   Urbanismo Concello e Goberno de España colaborarán na construción de vivenda de alugueiro taxado O alcalde mantivo unha xuntanza co secretario de Estado de Vivenda, David Lucas, na que propuxo ao Goberno de España colaborar na construción de vivenda de alugueiro taxado para a xuventude.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo inicia a ampliación da Oficina Municipal de Rehabilitación de Vivenda
Artículo siguienteUrbanismo Vigo inicia a ampliación da Oficina Municipal de Rehabilitación de Vivenda O goberno local decidiu ampliar a Oficina de Rehabilitación de Vivenda para poder xestionar os 6,4 millóns de fondos europeos adxudicados polo Goberno de España para mellorar a eficiencia enerxética. Está previsto actuar en 15 zonas da cidade.