Inicio Últimas Noticias O Concello distribuirá 150 exemplares de O tesouro da miña lúa entre...

O Concello distribuirá 150 exemplares de O tesouro da miña lúa entre centros de Primaria

Os alumnos de Primaria dos centros de Vigo terán na súa biblioteca un exemplar do Tesouro da miña lúa, un libro que conta a historia de dous rapaces que percorren a cidade en busca dun tesouro. Este conto fai un percorrido imaxinativo pola historia da cidade.

O alcalde participou esta mañá na presentación do Tesouro da miña lúa, unha historia dun neno e dunha nena, Itziar e Hugo, que se fan amigos desde a lúa e emprenden unha aventura en busca dun tesouro percorrendo a cidade como se fora un taboleiro. Segundo explicou o rexedor, o Concello distribuirá 150 exemplares deste conto entre os centros de Primaria da cidade para que os poidan incorporar a súa biblioteca.

Leer más:   Os alumnos do CEIP Santa Mariña de Cabral avanzan na actividade municipal co programa "Coñece o teu Concello"

Durante a rolda de prensa, Anna Blanch, autora e ilustradora leonesa, agradeceu ao goberno local a súa colaboración para poder editar un libro, da Editorial Lobito Bueno, que permite aos rapaces achegarse á historia da cidade dun xeito orixinal a imaxinativo”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Xunta de Goberno aproba a licitación dos cursos do Centro de Formación
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 22 de abril de 2023