Inicio Últimas Noticias Castrelos acollerá dous novos concertos infantís este verán

Castrelos acollerá dous novos concertos infantís este verán

O goberno de Vigo iniciou a tramitación do expediente de contratación de dous novos espectáculos infantís. “El libro de la selva. La aventura de Mowgli” estará o 2 de agosto en Castrelos e “Tarzán. O Musical” o 9 do mesmo mes.

Abel Caballero deu conta na rolda de prensa matinal da tramitación do expediente de contratación de dous novos espectáculos infantís que se realizarán no auditorio natural de Castrelos durante o verán.

O mércores 2 de agosto terá lugar “El libro de la selva. La aventura de Mowgli”, inspirada no traballo “O libro das Terras Virxes” de Rudyard Kipling. Trátase dun musical para toda a familia, onde a trama vira a través do concepto de diversidade, un espectáculo cunha coidadosa caracterización dos personaxes e unha escenografía que xera unha montaxe teatral de gran impacto visual.

Leer más:   Caballero e o cónsul de Venezuela poñen en común cuestións de actualidade

O segundo dos espectáculos é “Tarzán. O Musical”, o mércores 9 de agosto, a primeira tradución e adaptación ao galego da novela “Tarzán dos monos” de Edgar Rice Burroughs. Esta centrada no personaxe ficticio do neno orfo criado por gorilas na xungla, desembocando nunha aventura épica chea de emocións, na que se exaltan sentimentos como a pertenza e aceptación, a familia e o amor.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAs persoas maiores de 65 anos poden inscribirse xa no programa de envellecemento activo
Artículo siguienteEducación O Concello abre o prazo para a subsanación de erros na solicitude das axudas de libros O prazo de subsanación é de 10 días hábiles, ata o 8 de maio incluído. Xa están dispoñibles na web do Concello (www.vigo.org) as listaxes de admitidos e de aqueles que precisan algunha corrección. O Concello comezará esta semana a aboar os 205 euros por alumno das solicitudes aceptadas e validadas.