Inicio Últimas Noticias Vigo rexistra unha ocupación hoteleira en abril do 62%

Vigo rexistra unha ocupación hoteleira en abril do 62%

É o segundo mellor dato da serie histórica. O Aeroporto de Vigo rexistrou unha ocupación nos voos do 79%, sendo Barcelona a ruta máis destacada co 94% de asentos ocupados. Londres estréase co 70% de ocupación no mes de abril.

Abel Caballero deu conta dos datos de turismo do mes de abril. A ocupación hoteleira foi do 62% “nun mes tradicionalmente de temporada baixa”, declarou. Con este dato abril de 2023 sitúase como o segundo mellor da serie histórica. O 53% dos turistas proveñen de resto de España, case o 11% do resto de Galicia e Vigo rexistrou un 36,4% de turistas internacionais. Destes últimos, o 33% proceden de Portugal, o 6% de Italia, case o 6% de Estados Unidos, máis dun 4% de Alemaña, un 3% de Reino Unido e case o 3% de Francia.

Leer más:   Caballero e o cónsul de Venezuela poñen en común cuestións de actualidade

Aeroporto de Vigo

O Aeroporto de Vigo rexistrou unha ocupación media nos mes de abril nos voos do 79%. “Isto quere dicir que un gran número de voos van cheos”, explicou o alcalde. A ocupación no destino Barcelona é a máis alta, cun 94% de ocupación tanto en Vueling como Ryanair. Londres estréase cun 70% de ocupación no mes de abril. Os avións con destino Madrid rexistraron unha ocupación media do 74% en Iberia e Air Europa. Binter, que conecta Vigo coas Illas Canarias, achegouse ao 76%. Bilbao, operado por Air Nostrum, obtivo un 53%. Os voos do IMSERSO do mes de abril, con destino Alicante, Almería e Ibiza, rozaron o cheo.

Leer más:   O Paseo do Lagares avanza coa instalación de dúas pontes na zona de Lavadores


- Te recomendamos -
Artículo anterior2×1 en Vigo: intentó robar el bolso de su propia novia y acabó denunciado por maltrato
Artículo siguienteO Concello reforza o servizo de recollida de papel e cartón comercial