Inicio Últimas Noticias Continúa activo o dispositivo de tráfico para hoxe e mañá co motivo...

Continúa activo o dispositivo de tráfico para hoxe e mañá co motivo da gran afluencia ao Nadal de Vigo

O Concello puxo en marcha este luns o plan de tráfico “que funcionou francamente ben cunha afluencia de vehículos récord”, explicou o alcalde en rolda de prensa.

O Concello puxo en marcha este luns o plan de tráfico “que funcionou francamente ben cunha afluencia de vehículos récord”, explicou o alcalde en rolda de prensa. Á cidade entraron na xornada de onte 57.674 vehículos, 750 máis que na xornada do 27 de decembro.

O dispositivo adiantouse ás 17 horas e desde ás 14 horas xa eran visibles os anuncios nas principais estradas de acceso á cidade con desvíos pola VG-20 e Arquitecto Palacios para chegar e aparcar na zona de Samil. Abel Caballero explicou que o momento más denso de tráfico no centro foi entre ás 17 y as 19 horas, “pero non máis denso que en calquera cidade nesta época do ano”. Por isto, o dispositivo actuou e ampliouse ata a zona de Vialia e Gran Vía cando houbo algo máis de tráfico lento co obxectivo de deixar fluír con máis facilidade aos vehículos.

Leer más:   O Concello dá un paso máis para a construción da Biblioteca do Estado


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCuando Vigo enamoró a Pelé
Artículo siguienteTurismo e Comercio Festas e Animación Sociocultural Os Reis Magos felicitarán de forma virtual aos nenos que non poidan acudir ás cabalgatas Trátase dunha medida para nenos que estean enfermos ou non poidan achegarse por calquera outra causa de forza maior. O Belén Monumental de Casa das Artes alcanza os 129.756 visitantes.