Inicio Últimas Noticias Vigo esixe que a Xunta faga compatible a Risga co Ingreso Mínimo...

Vigo esixe que a Xunta faga compatible a Risga co Ingreso Mínimo Vital

A corporación municipal demanda á Xunta a compatibilidade entre a Risga e o Ingreso Mínimo Vital para o que é preciso que modifique a normativa reguladora. Esta moción socialista contou co apoio do Grupo Mixto e do concelleiro non adscrito.

A maioría do Pleno deu luz verde a unha proposta socialista que insta ao Goberno galego a que, de forma urxente, modifique a normativa reguladora da Renda de Inclusión Social de Galicia para que sexa compatible co Ingreso Mínimo Vital. Na súa defensa, a concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar, apuntou a necesidade de blindar ás familias en situación de vulnerabilidade, incrementando contías e a súa taxa de cobertura, destinando a prestación a complementos de acceso á vivenda, de loita contra a pobreza infantil e de incentivo ao mercado laboral. A moción saíu adiante cos votos do PSOE, do Grupo Mixto e do concelleiro non adscrito, coa abstención dos representantes do PP.

Leer más:   O Concello dá un paso máis para a construción da Biblioteca do Estado

Outro dos asuntos validados na sesión plenaria desta mañá foi a demanda á Xunta a que destine a Vigo 305 millóns dentro dos orzamentos de 2023. Esta é a cantidade que, o grupo socialista, estima que lle corresponden co peso poboacional da cidade de Vigo en relación cos 2.270 millóns de euros contemplados nas contas autonómicas deste ano ons capítulos de investimentos reais e transferencias de capital. Nesta ocasión, a moción foi validada polo grupo de goberno a abstención dos resto da corporación.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorHostaleiros e comerciantes organizan un acto para recoñecer o labor do Concello na campaña do Nadal
Artículo siguienteSanidade e Consumo A cidade apoia a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o 12 de febreiro en Santiago Abel Caballero amosou esta mañá o seu respaldo á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o domingo 12 de febreiro en Santiago, un apoio que vén reforzado polo acordo plenario acadado na sesión desta mesma mañá. En rolda de prensa, o alcalde defendeu a necesidade de reforzar os cadros de persoal da Atención Primaria.