Categorías: Últimas Noticias

“Nin un paso atrás nos nosos dereitos”, o lema do Concello para conmemorar o 8M

O Pleno Específico do Consello Municipal da Muller celebrouse este mércores no Salón de Plenos coa intervención de oito das entidades que o conforman, unha das actividades incluídas no programa do Día Internacional da Muller en Vigo.

O goberno municipal desenvolve estes días un “amplo conxunto de actos para celebrar o 8 de marzo baixo o lema “Nin un paso atrás nos nosos dereitos”.

Ás 10 da mañá tivo lugar o Pleno específico do Consello Municipal da Muller, presidido pola concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, e no que interviñeron oito das asociacións e grupos que constitúen o Consello. Deron lectura a textos de creación propia sobre diferentes aspectos do feminismo e a muller.

No comezo da sesión plenaria, o alcalde referiuse á “revolución da igualdade das mulleres, de ocupar o espazo na sociedade con toda a forza e tódolos dereitos” e, sobre a violencia de xénero sinalou que “cómpre traballar de forma máis intensa se cadra e temos que permanecer moi atentos porque a historia demostra que se avanza e que se retrocede”, referíndose a algunhas forzas políticas que supoñen “ameazas latentes e visibles”.

Ademais, o Concello iluminará de violeta as fontes e a pérgola de Praza América e o lazo violeta lucirá nun banner da web municipal redireccionando á programación municipal do 8M. A bandeira do 8M lucirá no Concello durante toda esta semana e, amais, nas pantallas electrónicas da cidade proxectarase a programación municipal e os autobuses urbanos van rotulados hoxe con motivo desta efeméride.

O programa municipal de actos do 8M continúa ata o sábado 18 de marzo. Mañá xoves, día 9, recital aberto de poesía de xénero da man de Iolanda Zúñiga ás 19 horas na Casa Galega da Cultura. O venres, día 10, o Consello da Muller entrega o XI Premio de Igualdade Ernestina Otero, ás 22 horas no Hotel Coia. A premiada este ano é a maxistrada Paz Filgueira. O sábado 11 de marzo, visita guiada “Sons de Mujeres” a cargo de María Casar, con saída desde o Paseo de Alfonso, actividade que se enmarca no propósito de feminizar a cidade.

O programa do 8M inclúe a proxección de dous filmes no Auditorio Municipal: o martes 14, “A voda de Rosa” de Icíar Bollaín (20h) e o mércores 15, “Retrato dunha muller en chamas” de Céline Sciamma (20h). O xoves 16 de marzo, teatro no Auditorio municipal: “As que limpan”, creación da Panadería coproducida polo Centro Dramático Nacional. A programación finaliza o sábado 18 de marzo coa actuación do grupo “Habelas Hainas” ás 20 horas no Marco.

Redacción

Entradas recientes

Mercado a la espera mientras Holaluz cierra préstamos millonarios

Holaluz cierra una semana crucial con el mercado aún pendiente de la concreción de préstamos…

3 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 27 de abril de 2024

En la mañana de hoy en Vigo estará muy nublado con tormentas acompañadas de lluvia.…

11 horas hace

Caballero louva The Way Startup Summit por encaixar coa cultura do emprendemento de Vigo

Vigo será o escenario deste destacado evento, no que están confirmados máis de 100 relatores,…

20 horas hace

O Concello dá un paso máis para a construción da Biblioteca do Estado

O goberno local aprobará o martes que vén o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións…

20 horas hace

Aberto o prazo ata o 10 de maio para participar na “IX Andaina polos montes de Vigo”

Abel Caballero anunciou hoxe que ata o venres 10 de maio permanecerá aberto o prazo…

20 horas hace

Esta web usa cookies.