Categorías: Últimas Noticias

O goberno municipal mellora a calidade da rede de abastecemento en 15 rúas

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o proxecto de extensión do mallado da rede de abastecemento do Concello por un importe de 730.000 euros incorporando novas rúas ao sistema de trazado reticulado que evita o corte de toda a tubaxe ante avarías.

Esta actuación do goberno de Vigo permite pasar a un trazado reticulado da rede de abastecemento, no que os ramais se unen entre si e a auga pode chegar a un punto determinado por máis dun circuíto, mellorando as condicións do servizo fronte a calquera avaría e mellorando a taxa de renovación da auga, o que implica unha mellora na calidade do servizo prestado.

Tal e como sinalou Abel Caballero, esta actuación comprende 15 rúas: en Lavadores: Baixada ao Capitán (á altura de rúa Recordo), rúa Paz Pardo, Estrada do Vilar, rúa Areeiro, Camiño Escorregada, Camiño da Canteira, rúa Seixos, rúa Pardavila e Travesía Silvana; en Sárdoma: Camiño Pescadeira, rúa Lourido e rúa Santa Lucía e amais, está planificada unha seguinte fase para actuar en Teis, Coruxo, Matamá e novos puntos en Lavadores e Sárdoma.

Con este cambio, unha avaría nunha condución non supoñerá deixar sen servizo a moitos veciños, tal e como ocorre agora que o trazado da rede é ramificado. O goberno municipal xa acometeu actuacións para o mallado de tubaxes en Carrasqueira (Coruxo), na rúa Cedro, rúa Portela (Lavadores) e na contorna dos colexios García Barbón, Carballal, Hernán Cortés e Emilia Pardo Bazán.

Biblioteca do Estado

A Xunta de Goberno Local aprobou tamén este xoves o Plan Especial de Infraestruturas e dotacións para o emprazamento da Biblioteca Pública do Estado en Vigo, entre a rúa Lalín e a rúa Coruña. Trátase dun área de 6.600 metros cadrados de titularidade municipal.

O Concello someterá o Plan Especial a información pública por un período de dous meses, solicitará os informes sectoriais preceptivos e, a partir de aí, o documento será aprobado definitivamente. Con todo, o goberno de Vigo enviará xa a aprobación inicial do Plan ao Ministerio de Cultura para que poida iniciar a tramitación e iniciar o proxecto arquitectónico coa previsión do Goberno de España de dedicar 17 millóns de euros a este proxecto.

Redacción

Entradas recientes

Caballero incide ante o alumnado de Calasancias na transcendencia do Concello na calidade de vida cidadá

Abel Caballero trasladou hoxe aos estudantes de primeiro de Educación Secundaria do CPR Pai Miguez,…

7 horas hace

Alumnado do colexio Alborada percorre o Vigo da Reconquista co programa didáctico "A Máquina do Tempo"

Escoitar Educación Alcaldía Abel Caballero explicou este xoves aos estudantes do Colexio Alborada, que participan…

7 horas hace

O TSXG confirma que O Porriño debe pagar 5,6 millóns pola auga que recibe de Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia volve darlle a razón ao Concello de Vigo…

7 horas hace

O parque forestal de Saiáns acolle a IX Andaina polos Montes de Vigo

O rexedor vigués, acompañado de responsables de Vegalsa-Eroski e da Mancomunidade de Montes de Vigo,…

7 horas hace

A cidade xa dispón dun segundo punto limpo de proximidade

Caballero destacou que se “localizará na rúa Martín Echegaray, ao carón da rotonda do barco…

7 horas hace

Esta web usa cookies.