Inicio Últimas Noticias O Concello aproba os prazos para solicitar unha praza nas 9 escolas...

O Concello aproba os prazos para solicitar unha praza nas 9 escolas infantís municipais

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo celebrada este venres aprobou as normas para acceder a unha das 674 prazas das 9 escolas infantís municipais para o próximo curso escolar. O alcalde lembrou a gratuidade da educación de 0 a 3 anos responsabilidade do Concello, que abarca desde a matrícula, aos servizos de comedor e ao de apoio aos escolares con atención educativa, orientación e gabinete psicopedagóxico.

Abel Caballero apuntou hoxe que o Concello paga “na súa totalidade” a atención que prestan as 9 escolas infantís, ás que se dedican en 2024 un total de 1.400.000 euros.

O calendario de matriculación arrinca coa renovación de prazas, que estará aberto do 18 ao 22 de marzo, para continuar coas solicitudes para un novo ingreso do 25 de marzo ao 12 de abril.

Leer más:   As fontes de Aragón, iluminadas de vermello polo Día da insuficiencia cardíaca

Plan de Emprego

O rexedor explicou que na xunta de goberno tamén aprobou a adxudicación dos servizos municipais para a formación no emprego, por 93.000 euros.  Apuntou que os alumnos recibirán formación nunha serie de especialidades que contan cunha gran demanda no mundo laboral, especialmente na construción, soldadura, ou as instalacións de gas e eléctricas, entre outras.

Axuda pola onda de frío

Ante o descenso das temperaturas o Concello volveu a activar o dispositivo de frío, co que na última semana foron atendidas as necesidades de máis de 10 persoas en situación de vulnerabilidade que non queren durmir ao albergue municipal.

“En Vigo, ninguén que quere un teito dorme na rúa”, asegurou Abel Caballero ao lembrar que a cidade é a única que conta cun albergue municipal dotada con capacidade para atender a máis de 40 persoas, e que existe un convenio de residencia alternativa para afrontar as situacións de exceso de demanda nesta residencia, que se suman á hospedaxe en hostais como terceira alternativa. “Por tanto, en Vigo estamos permanentemente axudando ás persoas sen fogar; mantendo e axudando ás persoas sen fogar” a non durmir na rúa se así o deciden.

Leer más:   O goberno local aprobará o Plan de Infraestruturas e Dotacións para a Biblioteca do Estado

Caballero indicou que a Policía Local e os servizos de atención de día e noite están pendentes das persoas que se atopan na rúa para proporcionarlles desde bebidas quentes e unha atención adecuada.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Pleno do Consello Municipal da Muller de Vigo reivindica a loita feminista
Artículo siguienteMuller Pleno da Corporación Igualdade O Pleno do Consello Municipal da Muller de Vigo reivindica a loita feminista A sesión plenaria celebrada este venres, 8 de marzo, foi o primeiro dos actos que organiza o Concello esta xornada na que o Halo se iluminará por primeira vez de violeta rendendo “tributo ao movemento feminista e pola igualdade”.