Inicio Últimas Noticias Vigo súmase ao Día da Árbore coa plantación de 50 exemplares na...

Vigo súmase ao Día da Árbore coa plantación de 50 exemplares na Vía Verde

O alcalde acudiu ao acto simbólico na Vía Verde, onde o goberno local plantará estes días 50 novas árbores de gran porte. O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Árbore.

O Concello plantará 50 novos árbores na Vía Verde. O alcalde anunciouno con motivo do Día Mundial da Árbore, que celébrase este 21 de marzo. Abel Caballero acudiu ao acto simbólico de plantación da árbore, á que se sumarán outras 49 nos próximos días.

Caballero cifrou en 300 as árbores que o Concello plantou ao longo destes primeiros meses do ano. “Desde que son o alcalde, plantamos máis de 30.000 árbores”, dixo o rexedor.

Amais, lembrou que o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal establece case 2 millóns de metros cadrados de zonas verdes, chegando ata os 3,3 millóns de metros cadrados “onde faremos grandes plantacións de árbores”.

Leer más:   Vigo, pendente informe de Patrimonio da Xunta para comezar a remodelación da Avenida de Madrid


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo é o Concello de Galicia co maior importe de adxudicación de obra pública en 2023
Artículo siguienteA cidade inicia as celebracións da Reconquista 2024