Inicio Últimas Noticias A cidade inicia as celebracións da Reconquista 2024

A cidade inicia as celebracións da Reconquista 2024

Esta fin de semana, sábado 23 e domingo 24 de marzo, comezan as actividades incluídas na programación da Festa da Reconquista como é o caso da destitución da corporación municipal de 1809.

O alcalde deu conta dalgúns dos actos cos que se inicia a festa histórica da cidade esta fin de semana. O sábado, ás 13 horas, na Basílica de Santa María, celébrase o concerto inaugural coa Orquestra Juvenill KV2211.

A Praza do Berbés o sábado pola tarde acolle diversas actividades: ás 19 horas, actuación de Perseidas da Ribeira, ás 20 horas un dos actos destacados da programación: a destitución da corporación pro francesa por parte das milicias populares, que poñen como alcalde a Vázquez Varela. A partir das 21 horas, concerto de Ferraias da ETEA.

Leer más:   Caballero valora o liderado de Vigo no pago a proveedores

O domingo 24 no Berbés haberá concurso de pintura rápida, ás 11 horas, demostración de oficios tradicionais, obradoiro de baile tradicional con André Adrio e actuación de Catro Quintos e gaiteiros Arrulicados. A partir das 14:30, xantar popular que remata ás 17 horas co inicio da foliada popular que continuará ata as 21h.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello urxe á Deputación a que asine o convenio da grada de Gol
Artículo siguienteCaballero chama a contemplar a última obra de Bosco Caride, "Indicios", exposta no MARCO