Categorías: Últimas Noticias

A Corporación aproba por unanimidade o nomeamento das Viguesas e Vigueses Distinguidos 2024

A proposta de concesión das Medallas de ouro da cidade á Policía Nacional no seu bicentenario e ao Hospital Ribera-Povisa recibiu o voto favorable dos grupos socialista e popular e o voto en contra do Bloque Nacionalista Galego.

O Pleno Municipal extraordinario celebrado este luns aprobou a concesión das Medallas de Ouro da cidade e o nomeamento das Viguesas e Vigueses Distinguidos deste ano 2024, recoñecementos que se entregarán este martes ás 20 horas no Teatro Afundación.

O Pleno aprobou a concesión das Medallas de Ouro da cidade para o Corpo Nacional de Policía de Vigo que cumpre o seu bicentenario e para o Hospital Ribera Povisa, o centro de referencia para 120.000 persoas da área sanitaria de Vigo con 1.500 traballadores. Votaron a favor o grupo socialista e o grupo popular mentres o BNG rexeitou a proposta.

O nomeamento de Viguesas e Vigueses Distinguidos de 2024 foi aprobado pola unanimidade do Pleno, polo que recibirán o recoñecemento da cidade as seguintes persoas e/ou entidades:

– No ámbito educativo, o IES A Guía, o CEIP Lope de Vega e o Colexio Quiñones de León polos 50 anos de traxectoria na cidade. Ademais, o proxecto musical Son das Flores do Ceip Vicente Risco.

– No ámbito deportivo, o Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia singularizado na súa presidenta, Iria Otero; na dirección deportiva, Sergio González; e no seu fundador, Aalí Mohamed. O Celta Atletismo – Real Club Celta de Atletismo e o Club Deportivo Coia tamén recibirán a distinción.

– No ámbito cultural, Emilio Sotelino, in memorian, será Vigués Distinguido así como a Coral Polifónica do Centro Cultural de Valadares e a Coral Polifónica da Sociedade Cultural Deportiva Atlántida de Matamá, ámbalas dúas con 50 anos de traxectoria. Ademais, será galardoada a escritora e tradutora María Reimóndez Meilán.

– No ámbito asociativo, a cidade recoñecerá o labor da Asociación de Viúvas Demócratas de Vigo.

Redacción

Entradas recientes

O Concello organiza un seminario para a candidatura de Illas Cíes Xeoparque da UNESCO

A formación desenvolverase o luns 13 de maio pola mañá no Museo Verbum. O cartel…

2 horas hace

A Xunta de Goberno aproba a humanización de 14 vías de dez parroquias

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou este venres as obras de asfaltado de…

2 horas hace

O goberno local aprobará o Plan de Infraestruturas e Dotacións para a Biblioteca do Estado

O alcalde deu conta da aprobación de xeito provisional do Plan Especial de Infraestruturas e…

2 horas hace

Luis Fonsi, “unha das principais figuras da música latina”, o 23 de xullo en Castrelos

Abel Caballero deu a coñecer esta mañá a sexta confirmación dos concertos de verán de…

2 horas hace

O Concello prevé iniciar a remodelación da Avenida de Madrid despois do Nadal

A Xunta de Goberno Local trasladou a súa conformidade este venres ao proxecto da obra…

2 horas hace

Esta web usa cookies.