Inicio Últimas Noticias Abel Caballero: “Vigo inicia un tempo novo coa posta en marcha dun...

Abel Caballero: “Vigo inicia un tempo novo coa posta en marcha dun servizo de bicicletas eléctricas”

O alcalde asistiu este mediodía a posta en marcha do novo servizo de estacións de recarga de vehículos eléctricos e bancadas de bicicletas eléctricas, no aparcamento subterráneo de Policarpo Sanz.

Caballero estivo acompañado de Eloy García, representante de Welgood; dos tenentes de alcalde, Carmela Silva e Javier Pardo, e da concelleira de Seguridade, Patricia Rodriguez, no acto de posta en marcha do novo servizo, cualificado como “unha magnífica idea” polo alcalde.

O rexedor referiuse a instalación deste sistema como “a modernidade”, unha “nova forma de entender a mobilidade, que se combina coas novas formas que xa plantexamos en Vigo”. Caballero tamén sinalou que “o futuro é a electricidade”, xa que “o medioambiente esta reclamándonolo”, por iso “con iniciativas como esta traballamos na mobilidade sustentable”.

Leer más:   O Concello oferta case 4.000 prazas nos campamentos infantís deste verán

Na Xunta de Goberno Local do pasado venres, o Concello de Vigo autorizou a instalación de estacións de recarga de vehículos eléctricos e bancadas de bicicletas eléctricas en aparcamentos en 7 aparcamentos subterráneos da cidade (Avenida Castelao, Jenaro de la Fuente, Policarpo Sanz, Areal, Pintor Colmeiro, Urzaiz e Praza Independencia), no que se instalarán 10 prazas con recarga eléctrica e 10 bicicletas en cada un dos aparcamentos. O alcalde destacou isto como “unha das grandes vantaxes, ao ter que depositar a bicicleta de novo nun dos parkings asociados, sen quedar ciscadas pola cidade”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorPolicía arrestado en Vigo (Pontevedra) por su vinculación con red de narcotráfico en Murcia
Artículo siguienteAlcaldía Tráfico e transporte Abel Caballero: “Vigo inicia un tempo novo coa posta en marcha dun servizo de bicicletas eléctricas” O alcalde asistiu este mediodía a posta en marcha do novo servizo de estacións de recarga de vehículos eléctricos e bancadas de bicicletas eléctricas, no aparcamento subterráneo de Policarpo Sanz.