Inicio Últimas Noticias O goberno local comeza os trámites para os Orzamentos de 2025

O goberno local comeza os trámites para os Orzamentos de 2025

O alcalde avanzou que o goberno local prevé para os próximos 3 anos investimentos por enriba dos 33 millóns cada ano e un orzamento anual de 164 millóns de euros en servizos á cidadanía.

Vigo comeza a preparar o Orzamento 2025 coa entrega do marco orzamentario para os anos 2025, 2026 y 2027 nos que prevé un investimento de 33 millóns de euros anuais. Abel Caballero manifestou que o goberno local seguirá a presentar os orzamentos “en tempo e forma”. Tamén adiantou que no 2024 o Concello cumprirá con todas a regras fiscais.

“Imos manter o crecemento das inversións os próximos 3 anos, superando os 33 millóns anuais, e manteremos os servizos de extraordinaria calidade adicando 164 millóns ao ano”, resumiu o rexedor.

Leer más:   O Concello apoiará con 175.000€ á organización da Copa do Mundo de Paratríatlon e da proba da Copa de Europa de Tríatlon

Caballero tamén puxo de manifesto que o Concello leva 12 años con sen débeda e que “seguiremos sen endebedarnos”, polo que louvou a acción municipal “que fai humanizacións, Vigo Vertical, pavillóns deportivos, zonas verdes, parques e xardíns… todo Vigo. E con débeda cero”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero: “Vigo inicia un tempo novo coa posta en marcha dun servizo de bicicletas eléctricas”
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 28 de marzo de 2024