Inicio Últimas Noticias Aberto o prazo para a solicitude das becas municipais da Escola Oficial...

Aberto o prazo para a solicitude das becas municipais da Escola Oficial de Idiomas

O venres 12 de abril comeza o prazo de solicitude das becas municipais para estudantes da Escola Oficial de Idiomas para estancias lingüísticas no estranxeiro. Xapón e Italia amplían as prazas. As solicitudes poden facerse en https://escolas.vigo.org/bolsaseoiv

O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe o extracto da convocatoria para a concesión de 100 becas de estancias lingüísticas no estranxeiro para o alumnado da Escola Oficial de Idiomas. O prazo de solicitude para as cen bolsas dispoñibles remata o 25 de abril. O Concello de Vigo inviste 175.000 euros para contribuír a mellorar a competencia e capacitación en linguas estranxeiras, fomentando o contacto con outras culturas nun ámbito internacional. As solicitudes poden facerse en https://escolas.vigo.org/bolsaseoiv

Leer más:   O TerraCeo pecha cartel con Ziggy Alberts, Luis Zahera e Oswaldo Digón

Este ano medran as prazas para a inmersión lingüística en Xapón e Italia, que tiveron unha demanda superior á ofertada o ano pasado. Así, haberá 10 e 15 becas, respectivamente. Para o alumnado da Escola Oficial de Idiomas de inglés son 50 prazas. 11 para Francia, 8 para Alemaña e Austria, 4 para Portugal e 2 para China.

A bolsa vai destinada a financiar parte dos conceptos de gastos da viaxe, aloxamento da estancia de 2 semanas en destino, matrícula e custo do curso de inmersión lingüística, certificado ou diploma acreditativo da realización do curso e seguro.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno municipal adxudica a remodelación do Parque Camilo José Cela
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 12 de abril de 2024