Inicio Últimas Noticias O goberno local aproba o convenio co CRAC de Coruxo para programas...

O goberno local aproba o convenio co CRAC de Coruxo para programas infantís e xuvenís

A Xunta de Goberno aprobou esta acción cun importe de 28.000 euros. Tamén aprobou o convenio coa Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral polo mesmo importe para levar adiante actividades de ludoteca. Tamén aprobáronse 43.000 euros de subvencións á cultura.

Abel Caballero deu conta das subvencións outorgadas ao tecido asociativo social e cultural para levar adiante distintos proxectos. Entre eles, o rexedor explicou que o convenio co Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo recibirá 28.000 euros para desenvolver programas de dinamización infantil e xuvenil durante o tempo de ocio. Segundo deu a coñecer, as actividades desenvolveranse no CEIP Tintureira, aínda que comezará no Torreiro de Festas de Fragoselo, que conta cunha zona axardinada ao aire libre.

Leer más:   Samil acolle o 16 de xuño o Holi Life Remenber con mais cor e mais festa

Co mesmo obxectivo, a Xunta de Goberno tamén deu luz verde ao convenio coa Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) cun importe de 28.000 euros. Trátase de dar servizo de ludoteca e atención ás necesidades destas persoas no seu ocio e tempo libre con dous profesores ao cargo.

Cultura

A Xunta de Goberno tamén aprobou o convenio co Instituto de Estudos Vigueses cun importe de 37.000 para financiar un programa de actividades culturais de inversión e divulgación para o 2024.

Haberá unha conferencia de Juan Antonio Gelabert sobre “Francis Drake en la ría de Vigo, 1585 y 1589”, un paseo en barco pola ría guiado polo arquitecto César Portela e a conferencia de Iván Alonso Jáudenes, presidente de ANFACO-CECOPESCA titulada “A evolución das conservas en Vigo, desde a Unión de Fabricantes de conservas a ANFACO-CECOPESCA”.

Leer más:   Vías e Obras Alcaldía Vigo, pendente informe de Patrimonio da Xunta para comezar a remodelación da Avenida de Madrid O goberno municipal vén de recibir o informe positivo de Augas de Galicia autorizando as obras de remodelación da vía e pide “celeridade á Xunta” na tramitación do permiso autonómico.

Tamén en materia cultural aprobouse unha subvención de 6.000 euros para a Fundación Carlos Casares para a organización dunha exposición sobre a obra e a personalidade de Casares.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorDani Fernández sobe ao escenario de Castrelos o 13 de xullo
Artículo siguienteFestas e Animación Sociocultural Dani Fernández sobe ao escenario de Castrelos o 13 de xullo Abel Caballero anunciou esta mañá que o artista manchego súmase ao cartel dos concertos das festas de verán da cidade.