Inicio Últimas Noticias O Comisionado do PERTE de Economía Circular anima ao téxtil galego a...

O Comisionado do PERTE de Economía Circular anima ao téxtil galego a pedir as axudas para impulsar a súa sostenibilidade

A sede do Consorcio da Zona Franca de Vigo acolleu a primeira presentación desta liña de axudas que se realiza a nivel nacional. A convocatoria, presentada a empresarios e organizacións empresariais galegas, estará aberta ata o 10 de xuño. Cunha dotación de 97,5 M€, permitirá o financiamento de propostas con apoios que van desde os 100.000 aos 10 M€ por proxecto e entidade beneficiaria.

O Comisionado do Estado para o PERTE da Economía Circular, Alejandro Dorado, visitou hoxe o Consorcio da Zona Franca de Vigo, onde se reuniu con empresarios e organizacións empresariais para informarlles das oportunidades da nova convocatoria de subvencións para o impulso da economía circular no sector téxtil, da moda, da confección e do calzado, que conta cunha dotación de 97,5 M€. A presentación desta convocatoria de axudas impulsada no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno español é a primeira que se realiza a nivel nacional; e é unha boa mostra da relevancia deste sector en Galicia e, de forma específica, en Vigo e a súa área de influencia.

Leer más:   A Corporación insta á Xunta a financiar voos no Aeroporto de Vigo

O presidente do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Abel Caballero, puxo o foco en “que todo o téxtil de Galicia saiba que hai 100 millóns de euros dispoñibles. Nós, en Vigo, somos Economía e os PERTES o que fan é que os fondos europeos se poñan á disposición e esta vez para o téxtil e ligado a algo tan importante como a economía circular. Encántame que se presente en Vigo porque están a chegar inxentes cantidades de diñeiro dos fondos europeos a Vigo, están a ir a gran velocidade” e engadiu que “o PERTE da automoción, tan importante para Vigo, xa está en marcha; o PERTE do naval, tan importante para Vigo, en marcha; o PERTE dos produtos do mar e da alimentación proveniente do mar, en marcha; o PERTE dos microchips, ao que optamos directamente desde Zona Franca, en marcha e agora, o PERTE do téxtil.” Pola súa banda, o delegado do Estado do Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, puxo en valor que este é o sexto Comisionado de PERTE que visita Vigo e reiterou a invitación ás empresas galegas a participar nesta convocatoria.

Leer más:   O TerraCeo pecha cartel con Ziggy Alberts, Luis Zahera e Oswaldo Digón

Programa

As grandes liñas do programa de axudas son a I+D+i para o ecodiseño, enfocadas a obter maior durabilidade e para que sexan reparables e utilicen materiais reciclados; dixitalización e intelixencia artificial para utilizar menos recursos e producir menos residuos; melloras ambientais, que conlevan un menor uso de recursos ou unha menor xeración de residuos nos procesos produtivos e por último axudas destinadas á xestión de residuos por parte de terceiros, para devolver ao ciclo de vida do produto, ou ben para destinarse outros a outros usos alternativos en mercados secundarios.

Participaron na reunión a Coordinadora da área de Economía Circular da Fundación Biodiversidade, Irene Díez; o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o Delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades; o presidente de Zona Franca e Alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero; e a Primeira Tenente de Alcalde do Concello de Vigo, Carmela Silva; así como representantes da Agrupación industrial da Téxtil-Moda de Galicia, COINTEGA; da Confederación de Empresarios de Galicia e do Círculo de Empresarios; ademais das empresas Paz Rodríguez, Roberto Verino e Bandalux, entre outras.

Leer más:   A primeira xornada do torneo escolar de debate céntrase na necesidade do control da intelixencia artificial


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEspaña y Arabia Saudí, una asociación económica imprescindible según la ministra de Vivienda
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 17 de abril de 2024