Inicio Últimas Noticias Caballero di que o diploma da Gala do Deporte aos e ás...

Caballero di que o diploma da Gala do Deporte aos e ás Sub-19 leva implícita a homenaxe ás súas familias

O alcalde de Vigo fixo entrega dos diplomas a un total de 31 deportistas promesas, dezaseis homes e quince mulleres, no último acto previo á Gala do Deporte de Vigo, que terá lugar este xoves no Teatro Afundación (20:00 horas, entrada gratuíta).

No Museo Marco, cita xa tradicional con este encontro do alcalde, Faro de Vigo -representado por Juan Carlos da Silva-, e Abanca -José Luis Romero- cos mellores Sub-19 de Vigo e da súa área de influencia, o rexedor felicitou aos deportistas polos seus éxitos de 2023.

“O deporte vai ocupando cada vez máis espazo porque cada vez imos máis a sociedades de tempo libre e nese tempo de lecer xorde como unha forza inusitada o deporte a todas as idades”, indicou diante dun auditorio case cheo, pois os mozos e mozas acudiron cos seus familiares máis próximos.

Leer más:   O Concello apoiará con 175.000€ á organización da Copa do Mundo de Paratríatlon e da proba da Copa de Europa de Tríatlon

O rexedor, nun evento presentado por Manel Fernández, concelleiro de Deportes, advertiu do que deparará o futuro destes valores: “Un número significativo de vós acabaredes sendo deportistas de elite”, pero xa agora “cada un de vós adquirides relevancia porque a cidade recoñécevos, apréciavos, quérevos e felicítavos, iso é o diploma”, sostivo.

O rexedor non quixo rematar a súa alocución sen unha mensaxe para as familias. “O diploma tamén é unha homenaxe ás familias, polos esforzos que fan tantas veces polos e polas deportistas”. Á fin e ao cabo, “no diploma van os nomes das familias” aínda que de forma indirecta ao figurar os apelidos paterno e materno de cada deportista.

Leer más:   Víctor Manuel en concerto en Castrelos o 14 de agosto

Na gala deste xoves coñecerase que deportista masculino e feminino releva no palmarés a Martín Iglesias (baloncesto) e Ainhoa Repáraz (atletismo), vencedores o pasado ano e que non repiten nomeamento este ano das súas respectivas federacións.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO MARCO súmase ao Día do Libro coa promoción dos catálogos dos artistas que expuxeron recentemente
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 18 de abril de 2024