Inicio Últimas Noticias O MARCO súmase ao Día do Libro coa promoción dos catálogos dos...

O MARCO súmase ao Día do Libro coa promoción dos catálogos dos artistas que expuxeron recentemente

O alcalde presentou este mércores as actividades organizadas polo Museo de Arte Contemporánea de Vigo para conmemorar o Día do Libro o próximo 23 de abril. Arrincan coa presentación hoxe das publicacións máis recentes das obras de 6 artistas que expuxeron as súas obras no museo, así como con dous encontros abertos ao público protagonizados por estes creadores.

Abel Caballero, acompañado no acto polos artistas Din Matamoro, Andrea Costas, Manuel Vilariño e a Bosco Caride, así como polo concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, destacou o valor dos catálogos publicados coa obra dos artistas que exhiben a súa obra no museo de referencia da cidade. “Esta experiencia made in Vigo de libro e pintura transfórmase en algo máis, na narración dialéctica dos propios autores e na posición dun gran experto, do director do MARCO, Miguel Fernández-Cid, dunha forma marabillosa”, explicou o alcalde.

Leer más:   Caballero louva The Way Startup Summit por encaixar coa cultura do emprendemento de Vigo

O museo, no seu centro de documentación, pon ao dispor dos interesados os catálogos das exposicións de Din Matamoro, Andrea Costas, Teresa Mouro, Rosendo Cid, Mónica Alonso e Manuel Vilariño. O alcalde reiterou o seu obxectivo de conseguir unha dinámica propia para o MARCO que xere un novo costume polo que todas as persoas que transiten pola rúa do Príncipe se deteñan a contemplar as mostras.

O ciclo de conversas comeza este sábado 20 de abril con Mónica Alonso e Andrea Costas Lago, que serán presentadas por Miguel Fernández-Cid.

O 23 de abril foi programada, conxuntamente cos clubes de lectura do Marco e da Biblioteca Neira Vilas, a charla “Disquesomos. Creatividade e edición na Galicia de hoxe”, con María Road, María Solar e Raquel C. Pico, conducida por Tamara Novoa.

Leer más:   O Concello oferta 450 novas prazas de campamentos deportivos para nenos e nenas de 6 a 14 anos

O xoves 25, a partir das 7 da tarde, o director do MARCO conversará cos artistas Rosendo Cid e Manuel Vilariño O Venres 25, Din Matamoro e Teresa Moure serán os protagonistas do coloquio que comezará ás 19.00 horas.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello entrega gratis 1.000 compostadores para o tratamento domiciliario dos biorresiduos
Artículo siguienteCaballero di que o diploma da Gala do Deporte aos e ás Sub-19 leva implícita a homenaxe ás súas familias