Inicio Últimas Noticias Caballero reclama á Xunta que poña en marcha as gardas 24 horas...

Caballero reclama á Xunta que poña en marcha as gardas 24 horas nos xulgados de Vigo

O alcalde demandou esta mañá á Xunta a posta en marcha das gardas 24 horas nos xulgados da cidade. En rolda de prensa, lembrou que Galicia é a única comunidade autónoma que non conta con este servizo a pesar de ter 8 xulgados de instrución.

O rexedor defendeu esta mañá a implantación das gardas de 24 horas nos xulgados de Vigo, tal e como veñen reclamando diferentes sindicatos xudiciais, o que redundaría en mellor e máis pronta atención para a cidadanía. Logo de manter onte un encontro con responsables de CSIF Xustiza, Caballero sumouse ás críticas á Xunta por negarse a emitir un informe favorable a esta implantación o que supón unha discriminación a Galicia, única comunidade autónoma que non conta con este servizo a pesar de ter 8 xulgados de instrución.

Leer más:   Alcaldía O Concello entrega as Medallas de Ouro da Cidade e as Viguesas e Vigueses Distinguidos O Teatro Afundación acolle este martes a entrega das distincións da cidade deste ano 2024. O alcalde avanzou o aprazamento da tradicional ofrenda floral no Monumento aos Heroes da Reconquista pola climatoloxía adversa.

Caballero lembrou que esta proposta xa conta co apoio do Consello Xeral do Poder Xudicial , do Ministerio de Xustiza, do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; do Defensor do Pobo, dos colexios de Avogados e de Procuradores de Vigo, do Fiscal Superior de Xustiza, entre outros.

En rolda de prensa, o rexedor recalcou que para que as gardas 24 horas se implanten é preciso o apoio a a aprobación do Goberno de España e da Xunta. “O Goberno de España xa incluíu nos orzamentos do ano 2021 e nos deste ano a partida correspondente para pagar as gardas dos funcionarios que dependen da Administración Central”. Estamos nesta situación pola “cerrazón” da Xunta que se nega a incorporar a partida necesaria para pagar aos funcionarios que dependen da comunidade autónoma.

Leer más:   O alcalde compromete a renovación da rede de abastecemento da Avenida de Galicia malia os impedimentos da Xunta


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello programa actividades para toda a familia no “Nadal nos Barrios”
Artículo siguienteFestas e Animación Sociocultural O Concello programa actividades para toda a familia no “Nadal nos Barrios” Instalaranse dúas carpas, en Praza Independencia e en Cronista Espinosa, no Calvario. O Albergue Municipal tamén organiza actividades de Nadal, coa celebración dunha chocolatada e unha cea.