Inicio Últimas Noticias A cidade manterá a ocupación hoteleira no 95% durante toda a semana

A cidade manterá a ocupación hoteleira no 95% durante toda a semana

Este luns os hoteis de Vigo rozaron o cheo, cunha afluencia de persoas e vehículos en Vigo de récord. Onte entraron na cidade case 53.000 vehículos, 1.000 máis que o 17 de decembro, que xa fora unha cifra histórica. O Concello aplicará o plan de mobilidade para os días de máxima afluencia.

Abel Caballero cualificou de “insólito” o luns 26 de decembro na cidade, que acadou unha ocupación hoteleira do 95% e onde a afluencia de persoas e vehículos era notable. A sala de tráfico municipal rexistrou a entrada de 53.000 vehículos na cidade, sendo así un récord histórico.

“Esta demanda trasladouse a cafeterías, bares, restaurantes, comercios… Vigo é unha cidade referente en toda España e Europa, estamos a ese nivel”, dixo o rexedor en rolda de prensa.

Leer más:   Alcaldía Economía e Facenda Abel Caballero: "David Regades é o mellor delegado da Zona Franca de toda a historia" O presidente da Zona Franca e alcalde de Vigo acudiu á toma de posesión do delegado do Estado da Zona Franca de Vigo, David Regades, que tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo. Máis de 400 representantes del tejido empresarial, social e institucional gallego arrouparon a Regades, que avanzou a continuidade dos proxectos en marcha e fixo balance positivo dos anos previos ao fronte da institución.

O goberno local seguirá a aplicar o plan de mobilidade para días de máxima afluencia, cun reforzo da policía e restricións ao centro do tráfico rodado a partir das 17:30. “Os aparcamentos disuasorios de Samil están a funcionar”, animou o rexedor aos visitantes a utilizalos e logo coller o transporte público.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorMáis de 102.000 persoas visitaron o Belén Monumental de Casa das Artes
Artículo siguienteVigo recibe 2023 coa festa de fin de ano na Praza de América