Inicio Últimas Noticias Vigo terá en 2024 un novo parque de bombeiros

Vigo terá en 2024 un novo parque de bombeiros

O Concello comeza as obras do novo parque de bombeiros que estará situado en Tomás Alonso. O investimento é de case 3 millóns de euros e o novo emprazamento para os bombeiros estará rematado no prazo dun ano. “É un edificio 5.0”, dixo Caballero en rolda de prensa.

Abel Caballero puxo a simbólica primeira pedra do novo parque de bombeiros que estará situado na rúa Esturáns 2, entre Coia e detrás de Barreras. A obra supón un investimento de 3 millóns de euros e ten un prazo de execución de 12 meses, polo que estará listo no ano 2024.

Para o alcalde “é un parque de bombeiros 5.0” no que tamén haberá un espazo para o corpo de Protección Civil. O novo parque ten tres saídas simultáneas e atópase nun sitio estratéxico para actuar na maior brevidade de tempo en caso de emerxencia.

As novas instalacións contarán con soto, baixo, dúas plantas e un torreón cunha superficie útil de case 2000 metros cadrados e dotadas de sistema de climatización, renovación de aire e ventilación, sistema de recollida de pluviais e fecais, rede de megafonía, voz e datos, sistemas de seguridade e instalación de aire comprimido, sistema de protección contra incendios e dotación de ascensor na zona de uso do propio edificio. Ademais, contará cun aula de para a formación continua de bombeiros e voluntarios de Protección Civil, así como unha torre de manobras para prácticas de bombeiros.

Caballero di que o novo edificio “é a modernidade” a lembrou que os bombeiros levan 37 anos “de xeito provisional” nas instalacións de Balaídos e puxo de manifesto a importancia de que agora traballarán “con condicións técnicas, mellor habitabilidade e operatividade para o conxunto da cidade”.


- Te recomendamos -