Inicio Últimas Noticias Manuel Castro regresa ao seu lugar na rúa do Príncipe

Manuel Castro regresa ao seu lugar na rúa do Príncipe

O alcalde achegouse este luns á descuberta da escultura do icónico vendedor de xornais Manuel Castro, que foi reforzada despois de sufrir actos vandálicos en varias ocasións.

A escultura recupera o seu espazo na rúa do Príncipe, ao carón do Marco, onde foi colocada por primeira vez en decembro do ano 2011. A escultura é obra de Jandro Rodríguez, de bronce e cun peso de 300 quilos, e recolle o xesto habitual de Manuel Castro, xirando o periódico sobre o dedo índice da súa man dereita.

O alcalde explicou que a popular escultura tivo que ser reparada en varias ocasións por mor de actos vandálicos e agora regresa á rúa do Príncipe logo de terse “reforzado moito as soldaduras do dedo e do antebrazo e a peza de forma estrutural. A partir de hoxe volve estar entre nós”.

Leer más:   Abre o prazo de solicitude das 2.600 prazas para viaxar pola ría co programa "Vigo, cidade amiga dos maiores"


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO aeroporto de Vigo recibe este martes o primeiro voo procedente de Londres
Artículo siguienteEducación Ata o 14 de abril pode solicitarse unha das 674 prazas de escolas infantís municipais O período de solicitude para acceder ás escolas infantís comezou hoxe e rematará o 14 de abril. Os nove centros municipais son totalmente gratuítos e supoñen un investimento anual de 2 millóns de euros.